O PP de Poio denuncia o abandono do Pazo Besada

POIO> O Partido Popular de Poio quere coñecer o proxecto do concello para o Pazo Besada. A formación denuncia que a emblemática finca está nun estado de abandono, e que os traballos de restauración levan sete anos paralizados. Dende o goberno, pola súa banda, recoñecen que dotar o pazo de contido é unha tarefa pendente. O alcalde asegurou que pretenden retomar os traballos no 2019, aínda que non se marcan prazos. O Partido Popular de Poio denunciou o abandono do Pazo Besada, na parroquia de San Salvador. De feito, os populares levarán a pleno unha pregunta para coñecer os plans que ten o goberno para o edificio. O concello recuperou o pazo e os edificios anexos grazas a un convenio urbanístico, no que a promotora das 150 vivendas da urbanización próxima comprometíase a restauralo. Finalizados os traballos no exterior, agora está pendente rematar o interior; actuación que o goberno recoñece como unha tarefa pendente. Os populares tamén denunciaron que, ata que presentaron a solicitude de visita, o estado do Pazo Besada e do entorno era de total abandono. Unha situación que, aseguran, se repite en toda a parroquia de San Salvador. Neste tempo o concello si que rematou a recuperación de dous dos edificios do conxunto do Pazo: a casa da familia que se encargaba de gardalo, que actualmente acolle a oficina do OMIX e xuventude, e a antiga biblioteca. Aínda non actuaron na antiga cocheira. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/22/pp_poio_pazo_besada_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/22/pp_poio_pazo_besada.mp4{/flowplayer}