O persoal técnico auxiliar de Enfemería de Pontevedra denuncia irregularidades nos contratos

PONTEVEDRA> O persoal técnico auxiliar de Enfermería de Pontevedra denuncia irregularidades na renovación dos contratos. Unha situación discriminatoria segundo eles e que vulnera o Pacto de Contratación.

O persoal técnico auxiliar de Enfermería da área sanitaria de Pontevedra mostra a súa desconformidade coa renovación dos contratos de acúmulos de tarefas. Segundo este colectivo, persoal eventual en peor situación, tanto na lista anterior como na actualización, está accedendo aos contratos que se xestionan actualmente con prórrogas. Unha situación que describen como “discriminatoria e inxusta”.

Co descenso de casos de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, este colectivo asegura que o persoal excedente está sendo recolocado noutras plantas, cubrindo así prazas de baixa por incapacidade temporal e permisos e trasladándose entre o Hospital Montecelo e o Provincial. Postos que deberían estar cubertos co persoal dispoñible de curta duración.

Estes profesionais aseguran que esta situación está a provocar un grave prexuízo económico e que, ademais, afecta a súa puntuación de cara ás listas de contratación.

O colectivo pide que se respecte o Pacto de Contratación e esixe tamén que se realicen probas a todo o persoal sanitario que traballou con pacientes con coronavirus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí