Segunda manifestación as portas do Pazo Provincial

PONTEVEDRA> Os traballadores do parque de maquinaria de Pontevedra continúan coas súas manifestacións as portas do Pazo Provincial. Os traballadores consideran que a intención da deputación de Pontevedra é privatizar o servizo que ofrecen. 

 

Os traballadores do parque de maquinaria consideran que a intención do equipo de goberno é privatizar este servizo. Por iso, acúsanos de buscar xustificacións contra a súa viabilidade e o desprestixio dos postos de traballo, segundo os sindicatos, con mentiras. 

TOTAL CCOO

A Presidenta da Deputación de Pontevedra tivo que escoitar durante a rolda de prensa da xunta de goberno, o incesante barullo provinte das portas do Pazo Provincial, onde se concentrarán tódolos venres os traballadores do parque de maquinaria, ata que se atope unha solución ao seu problema. 

Pola súa banda, Carmela Silva, tras ser preguntada pola situación dos traballadores do parque, aproveitou a ocasión para pedir aos sindicatos, sentido común.

TOTAL CARMELA

Traballadores e sindicatos, do parque de maquinaria levarán as súas reclamacións as portas da sede da Deputación de Pontevedra, tódolos venres de 12:00 a 15:00, mentres non haxa unha solución. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/22/manifa_parque_maquinaria_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/22/manifa_parque_maquinaria.mp4{/flowplayer}