Medio Ambiente escolle Ribeira para celebrar o Día dos Parques con AMICOS

    RIBEIRA> A Consellería de Medio Ambiente escolleu Ribeira para celebrar o Día Europeo dos Parques Naturais. En colaboración coa asociación AMICOS desenvolveron diversos obradoiros e unha saída á Illa de Sálvora. A elección de Ribeira para conmemorar o Día dos Parques Naturais non é casual. Débese a que é o único concello de Galicia que aglutina no seu territorio un parque natural, o de Corrubedo, e parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, Sálvora. Precisamente ata alí desprazouse un grupo de usuarios da asociación AMICOS para colaborar na limpeza de praias. No centro de formación que a entidade ten en Oleiros tamén se desenvolveron diversos obradoiros medioambientais para concienciar ós usuarios da importancia de respectar os nosos recursos naturais. Non é a primeira vez que Medio Ambiente e AMICOS colaboran con iniciativas similares enmarcadas no Programa de Voluntariado Ambiental no que participa activamente a asociación barbanzá.