O goberno de Noia levará a pleno a aprobación da Relación de Postos de Traballo

    NOIA> No ano 2015 quedou sobre a mesa a Relación de Postos de Traballo elaborada polo anterior goberno tripartito. O executivo volverá levalo a pleno a próxima semana co fin de mellorar o documento e regularizar a situación dos traballadores municipais. A corporación noiesa debaterá o próximo martes sobre a aprobación da Relación de Postos de Traballo. O documento quedou sobre a mesa no último pleno da pasada lexislatura, en 2015. O executivo decidiu agora retomar a súa aprobación co fin de regularizar a situación de tódolos traballadores do concello. Aínda que a relación suporá unha mellora en maior ou menor medida das condicións de tódolos traballadores, haberá que introducir unha serie de modificacións. Con este fin, habilitouse unha partida orzamentaria de doce mil euros adicionais para a elaboración dun documento complementario para corrixir aquelas situacións que puideron ter mudado ó longo destes dous anos.