MUROS> Rosa Quintana visitou esta mañá o peirao de Muros onde informou da apertura do prazo de presentación de ofertas para as obras de mellora de pantaláns nun total de oito peiraos da provincia da Coruña. A Xunta destinará a este fin un orzamento de 1’5 millóns de euros.
A finalidade da visita de hoxe da conselleira do Mar en funcións, Rosa Quintana, a Muros, era dobre. Por unha banda comprobar a marcha dos traballos de demolición do edificio da antiga fábrica de xeo, que permitirá liberar ese espazo da zona portuaria. Tratábase dunha vella demanda da propia Confraría e tamén do Concello, e na que Portos de Galicia está a investir uns 57 mil euros. A outra das razóns da visita era anunciar o inicio do procedemento de licitación das obras de mellora de pantaláns en oito peiraos da provincia da Coruña, entre os que se atopan precisamente o peirao muradán.
A Xunta licitará actuacións noutros sete peiraos da provincia, entre os que se incluirá tamén o do Freixo en Outes. O orzamento total da licitación ascende a 1,5 millóns de euros.