Muros avanza cara o saneamento integral do municipio

MUROS> O concello de Muros executa unha importante obra de saneamento no lugar de Freixeiros, na parroquia de Esteiro. A actuación, cun orzamento superior ós 200 mil euros, vai con cargo ó POS 2018-2019 da Deputación da Coruña.

Ademais o Concello está a realizar tamén obras de saneamento na parroquia de Serres, incluíndo tamén a mellora da rede de abastecemento de auga.

O executivo confía en que estas actuacións e outras que están en vías de realizarse veñan a mellorar a actual situación da praia da Virxe do Camiño para que deixe de ter a cualificación de non apta para o baño.

A alcaldesa referiuse a que aínda queda moito por facer para poder acadar o saneamento integral do municipio. Segundo ela trataríase de pequenos núcleos illados, para os que se están a estudar proxectos autónomos de depuración.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí