Agís non ve coherente que Gonzalo Pita forme parte do novo goberno de Sanxenxo

    SANXENXO> Roberto Carlos Agís, ex socio de goberno de Gonzalo Pita, recoñece que non lle sorprende que Telmo Martín se converta en alcalde de Sanxenxo, pero critica que Gonzalo Pita forme parte do novo “bipartito”. O ex socio de goberno de Gonzalo Pita, Roberto Carlos Agís compartiu esta maña cos medios de comunicación a súa valoración sobre a ruptura do tripartito de Sanxenxo. Para Agís escudarse nas obras de Luis Rocafort para xustificar a marcha de Pita da alcaldía é unha excusa. Segundo Agís este tipo de actitudes son as que propiciaron a súa marcha do equipo de goberno. O ex membro do cuatripartito admite que se pode pensar que haxa algún tipo de “interese” nesta maniobra política, xa que non lle parece coherente que o SAL forme parte do novo goberno da vila. O concelleiro non adscrito cree que tras esta unión o PP gañará máis representación política nas municipais de 2019 e Gonzalo Pita e os seus, garantirán deste xeito a súa permanencia na política local, aínda que recoñece que haberá que esperar para ver en que remata todo isto.