BOIRO> O presidente da Deputación da Coruña visitou o concello de Boiro para coñecer algunhas das obras que se están a acometer no municipio con financiamento provincial. Destacan varias melloras en infraestruturas viarias e a creación dun espazo de coworking.
No marco da rolda de visitas institucionais ós noventa e tres concellos da provincia, o presidente da Deputación recalou esta mañá no concello de Boiro onde no último mandato téñense investidos sete millóns e medio de euros en distintas obras. Unha delas é a mellora da seguridade viaria na DP 1102 na que se destinaron máis de setecentos mil euros á ampliación da plataforma da vía.
Valentín González Formoso destacou outros ambiciosos proxectos que se están a desenvolver no municipio como o coworking que aglutinará diferentes iniciativas empresarias do sector pesqueiro.
Ademais de coñecer as obras xa acometidas ou en fase de execución, o presidente tivo ocasión de coñecer algunhas demandas do concello en materia de infraestruturas. A este respecto, comprometeuse a estudar o proxecto de dotación de beirarrúas nun treito da estada DP 1106 entre Cespón e Quinteiro.
O alcalde lembrou que os terreos xa están expropiados polo que só sería preciso o investimento para a execución das beirarrúas nun treito de quilómetro e medio.