Rianxo en Común critica o retraso na presentación dos orzamentos municipais

    RIANXO> Dende a formación acusan ó executivo de estar a incumprir a legalidade que obriga a telos presentados antes do 31 de decembro do ano anterior. Para Rianxo en Común o retraso na presentación dos orzamentos municipais estase a converter nunha práctica bastante habitual do equipo de goberno na presente lexislatura, pois xa o pasado ano aprobou provisionalmente as contas a finais de xullo. Segundo eles ademais de ser unha practica ilegal, este feito vén a evidenciar a falla de planificación, xa que segundo eles trátase do documento máis importante pois del dependen en boa medida tódalas decisións do ano. O feito de que sexa un goberno en minoría fai pensar ademais na necesidade de ter que chegar a acordo co resto dos grupos que conforman a corporación para sacalos adiante. Polo que para contar co seu apoio deberían ser uns orzamentos máis comprensibles para os veciños e tamén máis participativos, ademais de buscar maior investimento nas actividades económias do municipio. Tamén reclaman asignación presupostaria para propostas que eles mesmos trasladaron e que foron aprobadas en pleno como é o caso de proxectos de eliminación de barreiras arqueitectónicas, a construcción da sparadas de bus en taragoña e Rianxo ou a posta en funcionamento do carril bici e o local de ensaio, entre outras.