Para os meus defuntos flores naturais

    POBRA> Aínda que o Día de Defuntos non se celebra ata maña, os camposantos levan xa uns cantos días con entradas e saídas constantes. Para as floristerías esta festividade supón máis vendas ca en todo o resto do ano, xa que podemos aforrar noutras cousas, pero no que se refire á honrar ós que xa non están con nós, non escatimamos en gastos.

     

     

    Lembrámonos deles todo o ano. Pero hai unha data no calendario na que o noso recordo ós que xa non nos acompañan cada día, é o protagonista. E a meirande parte da xente, sobre todo na nosa terra, fai público ese agarimo a modo de homenaxe. É o Día de Defuntos que se celebra mañá. Os cemiterios da comarca, como este da Pobra, están estes días repletos de xente. Desde primeira hora da mañá os veciños veñen limpar os nichos e a colocar flores ó seus seres queridos. As que non paran tampouco estes días son as floristerías, que ven aumentado o seu traballo ata nun 80 por cento. Noite e día traballando para levar a cabo tódolos pedidos, algúns moi previsores. Aínda que hai quen optan por flores artificiais, porque son máis baratas, no Barbanza, aínda que sexa por un día, apóstase polo natural aínda que haxa que pagar máis. Entre 30 e 60 euros o centro, depende da flor elixida. Eles, ben o merecen. Flores, cores, e formas para tódolos gustos, e tamén para tódolos petos. A arte floral, tamén a funeraria, está ó servizo dos sentimentos, e non podía ser menos no día en que queremos transmitirllos dun xeito especial ós que máis botamos en falta.