15 escolares ribeirenses reciben os premios do Concurso das Letras Galegas

RIBEIRA> Os 15 gañadores do Certame Escolar das Letras Galegas convocado polo concello de Ribeira recolleron os seus premios nas modalidade de poesía, prosa e banda deseñada.

O certame das letras galegas é un dos máis senlleiros dos convocados polo concello de Ribeira con máis de tres décadas ás súas costas.

O obxectivo é fomentar a creatividade dos escolares do municipio que presentan as súas obras en calquera das tres modalidades a concurso: poesía, prosa e banda deseñada.

Os quince premiados recolleron os seus agasallos no transcurso dun acto festivo celebrado este mediodía no auditorio de Ribeira. Previamente, os escolares disfrutaron dunha representación teatral do ’Espantallo Amigo’ a cargo do grupo ‘Os Quinquilláns’