A parroquia de San Vicente contará cunha réplica da moeda Xacobea

Pontevedra> A Presidenta da Deputación asinou esta mañá un convenio coa parroquia de San Vicente do Grove. O fin desta sinatura é o de elaborar unha réplica da moeda xacobea atopada no xacemento de Adro Vello. A Escola de Cantería será a encargada de elaborar esta réplica de 1,20 metros de diámetro, para o xardín da Igrexa. A presidenta da Deputación asinou esta mañá xunto co párroco de San Vicdente do Grove e o alcalde da vila un convenio de colaboración para a posta en marcha dunha réplica da moeda xacobea do século XII atopada no xacemento de Adro Vello. Unha réplica que será elaborada en granito silvestre galego pola Escola de Cantería da Deputación e que contará cun diámetro de 1,20 metros. Unha vez rematada instalarase no xardín do atrio da Igrexa de San Vicente. O alcalde do Grove anunciou esta mañá que grazas a colaboración da Deputación de Pontevedra tamén poderá ser restaurada a entrada da Igresa parroquial de San Vicente. Nestes momentos, a Escola de Cantería atópase en proceso de elaboración da réplica da moeda. En concreto, os traballos, que serán realizados por unha única persoa, están iniciándose coa fotometría da moeda partindo dunha réplica da mesa, xa que a orixinal se atopa no Museo Diocesano da Catedral de Santiago de Compostela.