A alta mortaldade do berberecho compromete a súa recuperación en Arousa

    POBRA> Malas novas para os mariscadores de Arousa que confiaban na recuperación do berberecho de cara á presente campaña. Sen embargo, nas últimas semanas detectouse unha alta mortaldade da especie que fai pensar novamente na marteilia. O berberecho levaba practicamente cinco anos desaparecido da ría de Arousa. Amarteilia provocara unha alta mortaldade do bivalvo que acabou cun dos principais recursos dos pósitos arousáns. Dende aquela, os responsables das confrarías afanáronse na recuperación da especie. Este ano que os esforzos comezaron a dar os seus froitos con presenza de berberecho en toda a ría, un novo episodio de mortaldade masiva dou ó traste coas súas expectativa. Á espera de que o Intecmar realice as analíticas das mostras recollidas, as causas da morte do berberecho non están claras aínda que podería tratarse novamente da marteilia Na Pobra calculan que un oitenta por cento do berberecho, que xa acadaba a talla comercial, desapareceu.Aínda que esta campaña de berberecho dase practicamente por perdida, as confrarías confían en que o próximo ano poida recuperarse a produción.Mentres tanto, o Intecmar traballa dende hai varios anos nun estudo para conseguir un berberecho resistente á marteilia, o parásito que provoca a morte do bivalvo.