![]()
RIANXO> A empresa SERVIOCIO, concesionaria da piscina municipal de Rianxo, desenvolverá esta fin de semana unha xornada de portas abertas.
{flowplayer}barbanza/piscinarianxo.flv{/flowplayer}
Van alá máis de tres anos dende a colocación da primeira pedra, e o conseguinte inicio das obras. Un período para moitos rianxeiros demasiado longo, pero que o rexedor local intentou xustificar dalgún xeito, aludindo ás propias demoras do proceso administrativo para a súa apertura.
Mes gratuito
Precisamente este sábado e o domingo a empresa SERVIOCIO, que se encargará da xestión das instalacións por un período de cinco anos, ten previsto celebrar unhas xornadas de portas abertas, e ata finais deste mes de febreiro o uso da mesma será totalmente gratuíta.
Como novidade a empresa pretende ademais que sexan os propios usuarios os encargados de marcar as actividades e os horarios. Segundo sinalaron dende a propia empresa as tarifas serán moi semellantes ás de outras instalacións existentes en concellos limítrofes, variando entre os 12 euros para unha persoa xubilada ou discapacitado e os 25 dun adulto.
A construción da piscina, ubicada nas antigas pistas deportivas do Campo de Arriba, contou cun orzamento próximo ó millón e medio de euros e foi sufragada case integramente pola Deputación da Coruña.
Múltiples servizos
As instalacións dispoñen dun vaso principal para uso deportivo de 25 metros de longo por doce e medio de ancho, onde se realizará o baño libre ou os cursos ofertados, e un vaso para aprendizaxe.
Ademais disporase doutros servizos coma un jacuzzi, baño de vapor e sauna, unha sala de fitness e un ximnasio. Coa nova infraestrutura o executivo rianxeiro pretende dar servizo a tódolos sectores de poboación.
Redacción Barbanza










