Continúa sen novidades a busca da pontevedresa Sonia Iglesias

    BUSCA_SONIA_IGLESIAS copy.jpg PONTEVEDRA> A Policía Nacional investiga agora un zapato que se atopou nun tramo do río Lérez por si pertencen á muller desaparecida.

    {flowplayer}images/salnes/BUSCA_SONIA_IGLESIAS.flv{/flowplayer}

    Despois de sete días, segue sen haber noticias de Sonia Iglesias, salvo a súa carteira que foi atopada o pasado luns nas inmediacións do poboado de O Vao. Ante esta situación os investigadores reforzan os equipos de busca.Onte uniuse un grupo da Protección Civil.

    Por mar, percorreron o Lérez desde a zona navegable ata a Illa de Tambo. Por terra, estes operarios rastrearon as marismas de Alba e as marxes do río sen obter ningún resultado. Ó mesmo tempo, un equipo do Corpo Nacional de Policía inspeccionaba a zona en helicóptero. Hoxe continuaban as labores de busca aproveitando que a marea estaba baixa.

    E precisamente esta mañá os medios de comunicación facíanse eco da aparición dun zapato nun tramo do Lérez e que podería pertencer á desaparecida. Nestes momentos está sendo analizado pola Policía Nacional.

    Polo momento, o dispositivo seguirá en marcha ata que a investigación desestime necesaria a axuda de Protección Civil.

    Axentes da Brigada de Homicidios e Desaparecidos da Policía Nacional de Madrid tamén colaboran desde onte nas labores de busca.

    Ademais, os veciños do barrio Campo da Torre en Pontevedra únense ás manifestacións de apoio á familia. Tras esta pancarta manifestaranse cada noite a partir das nove da noite.

    Redacción Salnés