A POBRA> O concello da Pobra organiza en colaboración coa asociación ACOUGO unha charla sobre o acollemento familiar. A cita, programada para o sábado ás once e media na casa da mocidade, pretende ser un punto de encontro para familias acolledoras.
As familias acolledoras disporán este sábado dun espazo para compartir experiencias e inquedanzas. A partir das once e media terá lugar unha chala na casa da Mocidade da Pobra a cargo da Asociación de Familias de Acollida de Galicia ACOUGO.
Pero a actividade non vai enfocada unicamente a familias en proceso de acollemento senón tamén a aquelas persoas que queiran coñecer máis os procesos de acollida de menores.
Dende ACOUGO fan un chamamento para que as persoas interesadas asistan posto que se trata soamente dun paso máis á hora de coñecer esta realidade e das distintas modalidades de acollemento que existen, sen que implique un compromiso en firme de converterse en familias de acollida.
Os interesados en asistir deben reservar praza cubrindo un formulario colgado na web municipal da Pobra ou a través da páxina acougo.gal.