Noia sumarase á rede de mercados excelentes

    NOIA> A Directora Xeral de Comercio visitou a praza de abastos de Noia que se vén de sumar á campaña internacional ‘Quere o teu mercado’ que se celebrará ata finais de mes en máis trinta países. O obxectivo é potenciar o comercio de proximidade a través da posta en valor da súa profesionalidade. Máis de noventa prazas de Galicia participan na campaña ‘Quere o teu mercado’. Entre elas a de Noia que acollerá unha serie de actividades para dinamizar estas instalacións apelando á calidade e á proximidade que supón mercar nas prazas de abastos. Ademais do reparto de material promocional, degustacións gastronómicas ou actuacións musicais, este sábado desenvolverase un obradoiro de muíños de vento para os máis pequenos. A participación nesta campaña é tan só un paso dos moitos dados pola Xunta para promover a excelencia dos mercados galegos. Entre eles, vén de habilitar unha nova liña de axudas, ás que tamén optará Noia, para que os concellos poidan mellorar estas instalacións.