A POBRA> O concello da Pobra amplía este ano a súa oferta de actividades deportivas con novas propostas como baile e piragüismo. Destaca ademais o gran numero de competicións deportivas que acollerá o municipio durante todo o verán.
En total, serán máis de 20 disciplinas as ofertadas polo concello da Pobra este verán no marco das escolas deportivas para nenos e actividades para adultos. As principais novidades desta edición son a incorporación de baile latino e piragüismo.
Ademais das actividades formativas, para as que se abrirá o periodo de preinscrición o próximo luns, A Pobra acollerá durante toda a tempada estival numerosas competicións.
Os interesados en obter máis información poden facelo a través da oficina de deportes.











