O Videa Cambados 2017 mesturará a paisaxe, o cinema e o viño

    CAMBADOS> Videa Cambados 2017… o encontro de cinema e viño, que terá lugar os días 2, 9, 16, 17, 22 e 30 de xuño, e tamén o 7 de xullo, percorrerá adegas e espazos singulares para ofrecer unha experiencia para os sentidos a través do cine, a música, a gastronomía, a paisaxe, a plástica e todo mesturado con viño. O viño será o grande protagonista no Videa Cambados 2017. Unha actividade programada para conseguir mesturar o mundo do viño con diferentes artes, e co que programar 5 das mellores cintas relacionadas co mundo do viño segundo unha revista especializada. Esta actividade, que se celebrará todos os venres do mes de xuño e o primeiro de xullo, tamén terá música, gastronomía, paisaxes, plástica e por suposto viño. Por iso terá lugar en diferentes adegas e espazos singulares nos que se poderá gozar da paisaxe e da oferta cultural ao aire libre si o tempo o permite degustando os mellores viños. A entrada é de balde, aínda que os que queiran asistir deberán inscribirse con anterioridade tanto na páxina web do evento www.videafest.com como na oficina municipal de turismo de Cambados, onde poderán consultar cada semana a oferta actualizada do Videa Cambados 2017. Unha actividade máis dentro do programa de actividades de Cambados Cidade Europea do Viño 2017.