A Illa lanza un vídeo promocional para amosar os “tesouros” do seu municipio

    A ILLA> A Illa de Arousa non só ofrece turismo de sol e praia. Este fermoso enclave de O Salnés quere potenciar os seus paisaxes, a súa gastronomía, e moitos aspectos máis, que a converten nun estupendo destino para visitar en calquera época do ano. Conscientes de esta potencialidade no concello presentaron un vídeo promocional do municipio, que a bo seguro conseguirá que a localidade de a volta ao mundo a través das redes sociais. Sol e praia, sí… pero tamén moito mais… así é a Illa de Arousa, un fermoso concello de O Salnés que ten moito que ofrecer a locais, pero tamén aos visitantes. O concello de este municipio insular consciente da importancia da promoción turística, da potencialidade da súa vila e do impacto das redes sociais, presentou esta mañá un vídeo promocional, realizado por esta casa, o Canal Rías Baixas, no que amosar todos os “tesouros” que pode ofrecer a Illa de Arousa a aqueles que a visiten. Unha importante aposta pola promoción, que se compartirá dende a web do propio concello e das súas redes sociais, así como tamén servirá para promocionar a Illa de Arousa en eventos como Fitur.