A Axenda 2015 permitirá desenvolver 55 proxectos en Sanxenxo

    SANXENXO > O concello de Sanxenxo celebrou a Comisión de Contas e Asuntos Económicos na que se tratou a Axenda 2015, o plan estratéxico de infraestruturas elaborado polo alcalde Telmo Martín. O programa de inversión e financiación permitirá…

    …desenvolver 55 proxectos e iniciativas cun orzamento que ascende ós 180 millóns de euros. A axenda 2015 saíu adiante onte cos votos a favor do equipo de goberno, a abstención do grupo socialista e o abandono da Comisión de Contas do nacionalista, Roberto Lores. O voceiro do BNG en Sanxenxo foi consecuente coa súa postura contraria e este programa de inversión dende que fora presentado fai xa un ano e alegando que non atopa sentido a este plan que se compromete a materializar os seus proxectos de aquí a nove anos.

    Máis aínda cando o alcalde, Telmo Martín non estará en Sanxenxo logo dos vindeiros comicios. A axenda inclúe un total de 55 proxectos orzamentados en 180 millóns de euros con tres tipos distintos de financiación: municipal, doutras administracións (como a Deputación de Pontevedra, a Xunta, o Estado e maila Unión Europea) e privada (a través de convenios e desenvolvementos urbanísticos previstos no PXOM). Dos 55 proxectos que forman a Axenda, 17 están xa incluídos nos presupostos aprobados este ano con partidas específicas con cargo a 2006 e que suman máis de 22 millóns e medio.

    Redacción Salnés