Renacer aposta pola prevención no Día Mundial sen Tabaco

    RIBEIRA> Este mércores, 31 de maio conmemorouse o Día Mundial Sen Tabaco. Unha data na que cabe lembrar a importancia das campañas de concienciación para reducir os hábitos tóxicos. A asociación Renacer saíu á rúa en Ribeira para informar á cidadanía dos graves prexuízos que supón para a saúde o tabaquismo. Se ben nos últimos anos se ten reducido considerablemente o número de fumadores no noso país, o tabaquismo segue sendo unha das principais causas de morte nas sociedades avanzadas. Os mellores métodos para combatelo son a información e a prevención. Métodos cos que a asociación Renacer traballa todo o ano en colaboración cos centros educativos. Hoxe, día mundial sen tabaco, Renacer saíu á rúa para explicar á cidadanía os riscos deste hábito. Ademais do reparto de información, os que se achegaron a esta mesa informativa tiveron ocasión de realizar unha coximetría para medir o índice de nicotina nos seus pulmóns. Trátase dunha proba moi sinxela. Tan só é preciso soprar nun medidor que de xeito instantáneo nos indica a contaminación oculta nos nosos pulmóns. Sinxela pero efectiva. Así que xa saben, os que aínda non se animaron a deixar o hábito poden pedir asesoramento na asociación Renacer para rachar definitivamente co tabaco.