Pontevedra> Dende o concello de Pontevedra quixeron esta mañá deixar claro que a misión comercial a México está aberta a todas as empresas interesadas. Deste modo daba resposta Anabel Gulías ás críticas da patronal sobre a falta de información desta viaxe. Gulías agarda ter pechado o listado de empresas a finais do mes de xuño. A concelleira de Promoción Económica sorprendéronlle esta mañá as críticas de AGE, a cámara de comercio da cidade e AEMPE sobre a falta de información sobre a misión comercial a México que está organizando o concello para o mes de agosto. Gulías deixou clara que esta viaxe está aberta a todas as empresas interesadas. Os técnicos están a facer as primeiras entrevistas con empresas que xa mostraron o seu interese. Empresas que deberán costear elas mesmas a viaxe, o concello xestionará a posibilidade de alcanzar prezos asequibles coa organización da feira mexicana no aloxamento e desprazamentos. Pola súa banda dende o PP pedirán explicación ao Goberno municipal nunha reunión extraordinaria da comisión de Economía convocada para o vindeiro luns 5. Dende as filas populares piden que este proceso se faga de maneira rigorosa e seria.
Inicio PONTEVEDRA