Volve a gala da asociación Botón de Ancla: xoguetes a cambio dunha tarde de espectáculos

MARÍN> A asociación Botón de Ancla de Marín ten todo listo para a súa gala solidaria. Por terceiro ano celebrarase ‘Haz realidad su ilusión’. Será o vindeiro 17 de decembro no paraninfo do instituto Illa de Tambo. Na cita participarán unha trintena de artistas. Haberá música, humor, baile e a entrada será solidaria a cambio da doazón dun xoguete.

Música, humor e baile. É a proposta que nos fan dende a Asociación Botón de Ancla de Marín para o sábado 17 de decembro a partires das 5 da tarde. Volve a gala solidaria ‘Haz realidad su ilusión’.

Os asistentes poderán gozar dunha ampla programación. A entrada será gratuíta, a cambio da doazón dun xoguete. Agasallos que despois se repartirán entre a cativada mariñense que máis o precisa.

A asociación Botón de Ancla está detrás doutras das actividades máis populares do concello, como a ruta Marín Pincho a Pincho, que se realiza no mes de xuño, ou a exaltación do Peixe Raia, en setembro. Agardan que a gala teña moi boa acollida entre a veciñanza, compensando o traballo que leva a súa organización.

Así que recorden: a gala ‘Haz realidad su ilusión’ será o sábado 17 a partires das 5 da tarde

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí