Tradición e moita troula van da man no San Xoán 2026 en Poio

POIO> Tradición e moita troula van da man no San Xoán 2026 en Poio. As festas celebraranse do 22 ao 27 de xuño. Inclúen sardiñada, fogueiras, festa infantil e moita música. Os Satélites, Ritmo Xove, Charleston, Marbella, Panorama, Capitol e Kubo pasarán polo municipio, xunto con distintas agrupacións locais. Este ano o pregón corre a cargo de Juan Mariño, director da Escola de Música de Campelo.

Poio celebrará o seu San Xoán do 22 ao 27 deste mes de xuño. O concello lanzou un completo cartel con multitude de propostas para gozar dun dos festexos con máis arraigo no municipio. Dende o concello din que a programación busca seguir esperando orgullo entre toda a veciñanza. Nese sentido, botan man do talento local, por exemplo, contando coas orquestras asentadas na vila.

Canda elas pasarán polo municipio Os Satélites, Charleston, Panorama, Capitol e Kubo. Completan a parte musical as distintas agrupacións folclóricas e corais asentadas no municipio. Tamén terá moito espírito musical o pregón deste ano. O encargado de darlle lectura, Juan Mariño, director da Escola de Música de Campelo.

Con todo, un dos momentos centrais da programación chegará o martes 23 de xuño coa tradicional sardiñada e a gran fogueira de San Xoán.

As festas rematarán o venres 27 de xuño cunha gran festa infantil con escuma e animación musical.