A carreira solidaria Ladesol anima ós vilagarciáns a “Correr polo teu soño”

    “Corro polo teu soño” é o lema que un ano máis, e xa van tres, acompañará á carreira solidaria Ladesol que se celebra en Vilagarcía o próximo 25 de xuño. Os fondos irán destinados á labor que a Fundación Lazos está a facer en Angola. Esta tarde presentouse o evento no Colexio San Francisco da capital arousá. Corre polo soño de ter unha casa digna. Corre polo soño de ter saúde…Polo soño de ter unha educación…E se non podes correr, anda. Son os obxectivos da terceira edición da carreira solidaria Ladesol, organizada pola Fundación Lazos, e que esta tarde se presentou no Colexio San Francisco de Vilagarcía. En concreto, os beneficios irán destinados á labor que esta organización está a facer en Angola no ámbito educativo. A carreira terá lugar o próximo 25 de xuño, e haberá categorías para interesados de tódalas idades. Para os que queiran correr, e os que prefiran camiñar. O padriño da carreira este ano é Santi Ferrer, profesor e atleta. Desde o concello, destacaron que os valores desta carreira encaixan á perfección cos do goberno vilagarcián. As inscricións poden realizarse ata o día 21 de xuño na páxina web carreirasgalegas.com ou no Colexio San Francisco de Vilagarcía.