SANTIAGO> O acto de entrega do galardón asistiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Unha ampla representación do eido sanitario, político e social deuse cita onte pola noite en Santiago no Hostal Parador na entrega da sexta edición do Premio Internacional de Investigación Oncolóxica, Ramiro Carregal. Un galardón que este ano recaeu no doutor, luís Paz-Ares Rodríguez, xefe de servizo de Oncoloxía Médica no Hospital Universitario Doce de Octubre en Madrid. O acto contou ademais coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, quen conxuntamente co empresario, Ramiro Carregal, que co seu mecenazgo fai posible este importante premio de divulgación científica, foron os encargados de entregar o galardón. No seu discurso de agradecemento o premiado, especialista ademais en cancro de pulmón, fixo alusión a que esta enfermidade é hoxe un importante problema de saúde pública en todo o mundo, cuxa incidencia, segundo el, medrará máis nas próximas décadas. O presidente da Xunta foi o encargado de clausurar o acto. Na súa intervención puxo de manifiesto o apoio do Gobierno Galego a toda a comunidade científica e a tódolos profesionis que traballan cada día para lograr unha vida mellor para todos.
Inicio Barbanza - Muros - Noia