A Xunta investirá 200 mil euros na ampliación e mellora do ambulatorio de Moraña

MORAÑA> A Xunta de Galicia ampliará e reformará o centro de saúde de Moraña. O investimento que destinará o goberno autonómico ascende aos 200 mil euros. A mellorar permitirá ampliar diferentes salas como a de medicinas, a de consultas e a polivalente.

A Xunta de Galicia destinará no seus orzamentos do 2022 unha partida para mellorar e ampliar o centro de saúde de Moraña. O importe permitirá dotar ao ambulatorio de espazos máis amplos e cómodos para mellorar o atención sanitaria da vila.

A actuación permitirá realizar as reformas que necesita o centro, crear unha nova consulta médica e ampliar diferentes salas como a de medicina, a de consultas e a polivalente.

A intervención permitirá a Moraña dispoñer dun centro médico adecuado as necesidades actuais.

Quen máis notará esta mellora será a veciñanza.

As obras comezarán ao longo do 2022. Segundo a data de inicio, a intervención podería rematarse no mesmo ano ou a principios do 2023.