CATOIRA> O club As Torres Romaría Vikinga gañou con claridade na Terceira Travesía de Catoira, disputada este sábado no Ulla. A proba reuniu a 22 clubs de toda Galicia, uns 120 barcos e preto de 250 padexeiros. Estaba destinada só a barcos de C-2 e K-2 e puntuou para a Copa Xunta de Ríos e Travesías.
As Torres fíxose coa vitoria logo de sumar 312 puntos. Seguiulle o Kayak Tudense, con 225, e o Piragüismo Vilaboa con 144. O Breogán do Grove foi quinto. Con esta vitoria os catoirenses reafirman a súa posición da clasificación xeral da competición autonómica.
Por categorías, en senior C-2 gañou a parella do Breogán, Samy Grigori e Ángel Cristian Rivademar, que chegaron con bastante vantaxe sobre os seus rivais. O segundo e terceiro posto disputárono nun apaixoante sprint dúas embarcacións das Torres, impoñéndose Diego Romero e Alberto Conde, ós seus compañeiros de equipo Ismael Pesado e Miguel Salgado. En K-2 gañou a parella Iván Lage e Roberto Rodríguez, do Tudense. En féminas, tamén venceu a embarcación tudense con Silvia Rodríguez e Valeria Romero.
En cadetes. As Torres ocupou o podio con tres embarcacións de C-2, proba que gañaron Brais Martínez e Rubén Gómez. En K-2 gañaron Álvaro Rodríguez e Mauro Pazos do Vilaboa, e en féminas, Lara Díaz e Tania Álvarez, do Breogán.
Nas probas de júnior, o triunfo conseguírono as rapazas das Torres Marta Conde e Melanu Egan. Os padexeiros do Tudense Carlos Méndez e Iván González gañaron en C-2, mentres que en K-2 gañou o equipo xuvenil das Pontes.
O club As Torres tamén se impuxo na regata amigable disputada tamén en Catoira o venres. En total participaron 300 padexeiros, nas categorías benxamín, alevín e infantil.
Redacción Salnés