A terceira fase do tren a Ferrazo permitirá descargar con máis rapidez no Porto de Vilagarcía

VILAGARCÍA> O porto de Vilagarcía licitará este ano a terceira fase do proxecto do tren ata Ferrazo. A intervención terá un custo dun millón catrocentos mil euros e estará financiado polos fondos europeos. Con esta terceira fase o porto gañará axilidade para descargar mercancías, aumentando a súa competitividade.

As cifras récord de descargas do Porto de Vilagarcía nos últimos anos, non inflúen para que a autoridade portuaria se relaxe. Dende a entidade continúan traballando para mellorar as súas instalacións e permitir que o Porto vilagarcián aumente o seu atractivo. Manténdose nesta liña, o Porto licitará este ano a terceira fase do proxecto do tren a Ferrazo.

A nova vía permitirá evitar que o tren ocupe os peiraos e así os barcos non teñan que agardar a que cargue. Isto axilizará as descargas no porto vilagarcián.

Ademais deste proxecto, o Porto tamén traballa no dragado da canle de entra e das dársenas para aumentar a profundidade e que máis barcos poidan atracar en Vilagarcía.

Este proxecto está paralizado debido ao peche do punto de verteduras. As administracións xa traballan para poder buscar outro punto e comezar os dragados. Por outra banda, o Porto continúa rexistrando grandes cifras de descargas. Unhas cantidades que poderían volver a ser de récord de non se polo parón provocado pola folga do transporte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí