O PSdeG esixe o pagamento das pensións ós emigrantes retornados de Venezuela

    NOIA> Uns tres mil cincocentos emigrantes galegos retornados de Venezuela levan preto de ano e medio sen cobrar a súa pensión. A situación política no país americano tivo como consecuencia que deixasen de percibir a súa prestación por xubilación. O parlamento de Galicia aprobou hai unha semana unha proposición non de lei para instar ó goberno central a garantir o cobro das pensións por parte dos emigrantes retornados de Venezuela. Levan preto de ano e medio sen percibir prestación ningunha posto que ó figurar como perceptores de pensións non teñen dereito a outro tipo de axudas. Os deputados socialistas, promotores do acordo parlamentario, Loli Toja; Begoña Rodríguez e Juan Díaz Villoslada, reuníronse esta mañá cun grupo de afectados en Noia para trasladarlles as medidas a adoptar dende o parlamento galego. Esta fronte non é única que teñen aberta os emigrantes retornados. Levan anos loitando por conseguir un trato fiscal non discriminatorio ante a reclamación de Facenda de aboar o IRPF dos últimos catro anos con carácter retroactivo. Piden ademais que se equiparen os tramos do IRPF para a obrigatoriedade de presentar declaracións cos traballadores españois posto que na actualidade sofren unha clara discriminación.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí