Causan danos no mobiliario do paseo marítimo de Noia

NOIA> A Policía Local investiga un novo acto vandálico ó mobiliario urbano. O suceso producíase esta pasada fin de semana no paseo marítimo, na zona de Abruñeiras.

Alí, na madrugada do sábado, aparecían queimados varios contedores de lixo e papeleiras, e destrozáronse varias luminarias.

Este espazo do paseo marítimo é unha zona habitual de encontro para os mozos nas fins de semana, na que habitualmente se organizan botellóns.

Por desgraza son actos vandálicos que se repiten con bastante frecuencia e o Concello non está disposto a deixar pasar xa que este tipo de comportamentos incívicos representan un importante gasto para as arcas municipais, que agora deberá repoñer ou arranxar tódolos elementos danados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí