A regata Gadis pecha o Circuíto 50 Aniversario do Náutico de Ribeira

RIBEIRA> O Ziralla Primeiro, o Camping Ría de Arosa e o Cinco Islas Albariño fixéronse coa vitoria nas tres modalidades da Regata Gadis, celebrada esta fin de semana no Náutico de Ribeira. A proba puxo o broche de ouro ó circuíto 50 aniversario do club ribeirense.

O Club Náutico de Ribeira pechou esta fin de semana a súa tempada de cruceiros coa celebración da regata Gadis, última proba valedoira para o Circuíto Especial 50 Aniversario do Club, co que conmemora o seu medio século de vida.

A falla de vento durante a xornada do sábado obrigou, ademais de retrasar unha hora a saída, a modificar o trazado nun dos treitos. Con estes cambios, a proba puido disputarse sen incidencias finalizando na división dos Regata co triunfo do Ziralla Primero, seguido do Chispetrén e o Txio en terceiro lugar. O cámping Ría de Arosa alzouse co triunfo na categoría dos crucero/regata. Compartiu podio co Ronáutica Marinas e o Titán, en segundo e terceiro posto. Na modalidade de cruceiro tamén foi outros dos habituais quen se fixo co triunfo: o Cinco Islas Albariño acabou primeiro, por diante do Galopín e Orlando.

Computados os resultados desta proba final procedeuse á entrega de premios do Circuíto 50 aniversario do Náutico de Ribeira, conformado polas regatas Frinsa, Congalsa e Gadis. O seu presidente, José Luís Torres Colomer, fixo entrega dos trofeos ós gañadores en cada unha das categorías: o Ziralla primero en regata, o cámping Ría de Arosa en Cruceiro e o Galopín en cruceiro regata.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí