Os alumnos de Artes Plásticas expoñen no concello de Ribeira

    RIBEIRA> Os vinte alumnos do obradoiro de Artes Plásticas organizado polo departamento de servizos sociais de Ribeira expoñen parte dos seus traballos no concello. Ó longo de todo o mes de xuño, debuxos artísticos e pinturas adornarán as paredes do consistorio. As obras que durante todo o mes de xuño poderán contemplar todos aqueles que se acheguen á casa consistorial de Ribeira son tan só unha mostra dos moitos coñecementos adquiridos polos alumnos do obradoiro de artes plásticas. Ó longo de tres meses, iniciáronse no mundo do debuxo e da pintura da man de Fernando Yáñez. O resultado tanto para os alumnos como para o mestre non puido ser mellor. Este obradoiro enmárcase na ampla oferta formativa programada por Servizos Sociais.