Expertos pesqueiros de toda Europa analizarán en Santiago as consecuencias do Brexit

GALICIA> O secretario xeral de Pesca do Ministerio asistiu ó Consello Galego de Pesca presidido pola Conselleira do Mar. Ademais de analizar o reparto de cotas para este ano, durante a xuntanza abordáronse as consecuencias do Brexit en materia pesqueira. Para seguir afondando nesta cuestión, celebrarase unha xuntanza en Santiago o día 26 deste mes. O pleno do Consello Galego de Pesca celebrado esta mañá en Santiago dou conta dos bos datos que deixou 2017 tanto en descargas como en facturación nas lonxas galegas. A orde do día incluía tamén o análise do reparto das cotas aprobado por Bruxelas para o 2018 que tanto o Ministerio como a Consellería consideran vantaxoso para España e Galicia. Precisamente neste punto abordouse tamén o proceso de saída do Reino Unido e as consecuencias do Brexit en materia pesqueira para o que se convocou unha xuntanza para o próximo día 26 en Santiago. Por último, o secretario xeral de Pesca informou tamén dos últimos avances en relación ó acordo pesqueiro con Portugal que podería pecharse nas próximas semanas.