O polígono industrial de Té acollerá mañá sábado o VI Slalom Concello de Rianxo

RIANXO> A proba, organizada pola Escudería Rallyactividad, será valedeira para o Campionato Galego da especialidade. A competición arrancará a partir das nove da mañá coas inscricións e verificacións, aínda que as mangas oficial celebraranse pola tarde, a partir das tres.

Esta mañá presentábase a VI edición do Slalom Concello de Rianxo. A competición, organizada  pola Escudería Rallyactividad, desenvolverase no polígono de Té e será valedeira para o Campionato Galego da especialidade.  Na proba, que volve a celebrarse despois do parón obrigado pola pandemia, tomarán parte uns 23 pilotos procedentes de diferentes clubs de toda Galicia.

Dende a organización agradeceron ás casas comerciais e patrocinadores a súa aposta por esta proba, xa que sen a súa axuda sería practicamente imposible poder organizala.

Dende o Concello destacaron a importancia desta proba, animando a acudir mañá sábado ó parque empresarial a contemplala.

A competición arrancará a partir das nove da mañá coas inscricións e verificacións, aínda que as mangas oficial celebraranse pola tarde, a partir das tres. A entrega de premios está prevista para as seis e media da tarde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí