ABANCA achega a Ribeira unha mostra sobre oficios no seu ocaso

    RIBEIRA> O Centro Cultural Lustres Rivas acollerá unha exposición sobre os oficios artesanais en vías de desaparición. A mostra fotográfica, asinada por Xosé Abad, chegará ata Ribeira grazas ó convenio suscrito esta mañá polo concello, Afundación e ABANCA. ‘Oficios entre lusco e fusco’. É o título da exposición que os ribeirenses poderán desfrutar a partir do 29 de xuño no centro cultural Lustres Rivas grazas a un convenio asinado entre a entidade financeira ABanca, a súa Fundación e o concello. Unha escolma de trinta e cinco forografías que retratan aqueles oficios tradicionais que hoxe en día están a piques de desaparecer.Esta exposición enmárcase na política de achegamento da cultura ós cidadáns impulsada por ABAnca que pretende ser algo máis ca unha entidade financeira implicándose na vida sociocultural da súa contorna. A mostra permanecerá aberta ó público ata o 22 de xullo.