Novo paso adiante cara o saneamento integral da Pobra

    saneamentoribeiria_100_011106.jpgPOBRA > Medio Ambiente investirá 861 mil euros no saneamento da Ribeiriña e O Conchido.

    POBRA > A Xunta de Galicia acaba de remitir o proxecto de saneamento na zona da Ribeiriña ó concello pobrés para que sexa debatido no vindeiro pleno. Esta é unha nova que chea de satisfacción ó executivo que, dende a súa chegada ó goberno, ten entre os seus principais obxectivos o saneamento integral do concello. Esta actuación permitirá ademais dotar destes servizos básicos a un extenso núcleo de poboación.

    O proxecto inclúe a realización de tres bombeos de augas residuais para conectar o colector a instalar á rede existente. Ademais realizaranse algunhas modificacións nos bombeos existentes e no colector xeral á entrada da Pobra, substituíndoo por un de maior diámetro.

    Polo momento non existe data para o inicio das obras posto que depende da Xunta de Galicia. O Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez, ten previsto desprazarase próximamente á Pobra do Caramiñal para presentar o proxecto e poder comezar os traballos canto antes.

    Redacción Barbanza