A abstención da oposición permite aprobar a solicitude dun novo crédito

    pleno_vilagarcia_abrilcopy.jpgVILAGARCÍA> A cantidade ascende a case 280.000 euros e permitirá efectuar pagos pendentes con provedores pendentes desde 2009.

    {flowplayer}images/salnes/PLENO_VILAGARCIA_PLENO_ABRIL_2011.flv{/flowplayer}

    Fóra do que nos teñen acostumados nos últimos plenos en Vilagarcía, a última sesión desta lexislatura estivo marcada por unha relativa tranquilidade que non estivo exento de polémica.

    O goberno local conseguiu aprobar o cambio de finalidade e modificación de créditos por créditos extraordinarios grazas á abstención tanto do Partido Popular coma de Esquerda Unida.

    Ademais, o pleno tamén aprobou un novo recoñecemento extraxudicial de crédito para efectualo pago a provedores por importe de case 280.000 euros, na maioría dos casos trátase de facturas do 2009. A abstención dos tres grupos da oposición non impediu que estivese exento de críticas.

    Pero o que quedou no aire foron as causas que motivaron estes retrasos. A alcaldesa limitouse a aconsellar ós grupos da oposición que acudisen ós servizos técnicos do concello se precisaban dita información.

    Redacción Salnés