Coñecer Vilariño da man dos propios veciños

    fotovilarinocopia.jpg CAMBADOS> O BNG presentou unha ruta para coñecer os lugares de máis interese da parroquia, é o último percorrido das “Rutas para coñecer o noso concello”.

    {flowplayer}images/salnes/BngIgrexaVilarino.flv{/flowplayer}

    Trátase dunha iniciativa que o BNG de Cambados puxo en marcha hai algo máis dun ano e ten en Vilariño a súa última parada.

    O obxectivo é que os propios veciños da zona coñezan os distintos puntos de interese. Tales como a igrexa, A Pedreira ou o cruceiro do Culebrón.

    Esta ruta quere poñer en valor os elementos artísticos, culturais e tradicionais de tódolos lugares de Cambados, que segundo Caamaño son moitos e non están só no centro. 

    A ruta ten aproximadamente 6 quilómetros de percorrido, dura unhas 3 horas e a saída farase ás 10:30 da mañá do campo de Burgáns.

    Redacción Salnés