Pais e alumnos de O Piñeiriño protestan para ter un mestre de 5º de Infantil

    VILAGARCÍA> Os pais do colexio de O Piñeiriño en Vilagarcía buscan o apoio dos grupos políticos con representación na Corporación da vila. E con ese obxectivo os invitaron a acudir este xoves a concentración que se celebrou ao mediodía as portas do centro educativo. “Os nenos non son números” ese foi o lema da manifestación que este xoves tivo lugar as portas do colexio de “O Piñeiriño” en Vilagarcía. Unha protesta a nesta ocasión a parte dos pais e os alumnos sumouse parte da Corporación Municipal da vila. Os pais non entenden as diferenzas que hai con respecto a este curso, cando se dotou ao centro dun profesor de apoio para a clase de 5º de Infantil. Os proxenitores destes alumnos do centro vilagarcián, opinan que o feito de que o ano pasado fose ano electoral influíu para ter un mestre para ese curso que está a piques de rematar, polo que contemplan continuar coas mobilizacións ata que Educación se pronuncie o respecto.