Descontos de ata o cincuenta por cento na Noite Aberta de Ribeira

    RIBEIRA> Máis de trinta establecementos participarán na Noite Aberta que se celebra este sábado en Ribeira. Esta campaña comercial, promovida pola asociación de empresarios, acada xa a súa décima edición. O éxito das anteriores edicións converteu á Noite Aberta nunha cita estable dos eventos comerciais de Ribeira. Máis de vinte establecementos participarán nesta décima edición ofrecendo descontos de ata o cincuenta por cento. Permanecerán abertos ata as dez e media da noite e, ademais das promocións, ofrecerán sorpresas e actividades complementarias para os seus clientes como degustacións gastronómicas e cócteles. Pola súa banda, o concello colaborará coa organización de actividades paralelas como inchables para nenos e actividades de baile e animación musical.