O concello de Porto do Son extremarás as medidas anti-covid nas escolas deportivas

PORTO DO SON> O concello de Porto do Son pon en marcha unha nova edición das escolas deportivas municipais. Tódalas actividades contarán cun estrito protocolo anticovid para minimizar os riscos de contaxio.

Porto do Son volverá ofertar este curso as mesmas actividades deportivas que en anos anteriores. Farao, iso si, con capacidade limitada e un estrito protocolo anticovid.

O departamento de deportes oferta tamén os habituais cursos de natación na piscina municipal. A inscrición xa está aberta e de momento xa hai algunhas modalidades que esgotaron as prazas.

Entre as medidas excepcionais que se impoñen este ano destacan o uso obrigatorio de máscara, control de temperatura, entradas e saídas escalonados e unha maior esixencia de puntualidade.

As solicitudes poden descargarse a través da web municipal e entregarse ben a través da sede  electrónica ou no rexistro concello.