Baixa o número de contaxiados na residencia de Amicos

BOIRO> A situación na residencia de Amicos, en Comoxo, tamén mellorou considerablemente na última semana. Dos 31 positivos confirmados a principios de mes, na actualidade tan só quedan dúas persoas ingresadas. Unha delas illlada nas propias instalacións da entidade, e a outra, permanece no Hospital da Barbanza. Esta semana sumáronse nove altas máis de usuarios e de catro traballadores, aínda que estes últimos permanecen en cuarentena nos seus respectivos domicilios. Dende a dirección mostraron a súa satisfacción pola evolución da situación. Nove traballadores que estaban de baixa pola enfermidade puideron incorporarse xa ó seu posto de traballo e outros dous está previsto que o fagan ó longo da vindeira semana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí