Un paso máis preto da Universidade

PONTEVEDRA> Segunda xornada da ABAU, a nova selectividade. Con case tódolos exames xa realizados, os ánimos estaban hoxe algo máis calmados. Esta mañá estivemos na facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra, onde realizan as probas 1.023 alumnos de distintos institutos da provincia . Estes son os seus obxectivos… Pero para chegar a entrar na carreira desexada antes, ademais de superar o Bacharelato, hai que sobrevivir ós 3 días que dura a Selectividades, ou a ABAU, como agora se chama, Avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade. Pero, que diferencia hai coa proba antetior? Esta mañá na Facultade de Comunicación e Ciencias Sociais de Pontevedra, atopamos durante a segunda xornada das probas, algúns nervios.. Moitos repasos de última hora, os rezagados que aproveitan ata o final o tempo do exame, abrazos que consolan ante o peor dos panoramas, algunha que outra decepción… Pero tamén a alegría dos que o teñen máis claro. Estes alumnos tan aplicados, teñen claro, cal é a clave para saír airoso da tan temida selectividade. Onte foi a fase xeral, e esta mañá tocaba matemáticas ou latín. Mañá é o último día de exames, bioloxía e …. Aínda que algúns, en funcións das súas asignaturas, xa remataron hoxe e esta noite toca celebración. Iso sí, por uns días, porque dentro dunha semana, o venres 16 chegarán as notas desta ABAU que decidirán o futuro destes mozos.