Pontevedra> 6 importadores polacos visitaron por primeira vez a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. Durante a súa estadía puideron degustar 49 caldos das diferentes subzonas, entre os que se atopaban 1 espumoso , 2 tintos, e o resto eran todos brancos. Estes importadores quedaron encantados coa frescura e calidade deste viños das Rías Baixas. O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas recibiu por primeira vez a visita de 6 importadores procedentes de Polonia. Estes importadores puideron degustar 49 viños da D.O. Rías Baixas entre os que se atopaba un espumoso e dous tintos. A maioría dos viños eran da añada do 2016 aínda que tamén contaban con algunha edición especial. Estes importadores destacaron a alta calidade e frescura do albariño, un viño que gustou e moito a estes profesionais. Os polacos dixeron que o principal obxectivo desta viaxe era educacional co fin de coñecer os viños da zona e conseguir contactos para poder importar novos viños da D.O Rías Baixas ao seu país. As principais características que destacaron do albariño son as seguintes. Estes importadores polacos agardan poder establecer contactos con varias empresas da D.O, todas as que participaron na degustación desta mañá pertencen ao Plan Polonia de exportación.
Inicio PONTEVEDRA