PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra renovou hoxe o convenio de colaboración con Unicef Galicia. En total, 15.000 euros que serán destinados a establecer protocolos para reducir a transmisión do coronavirus entre os nenos e nenas de Senegal.
A Deputación de Pontevedra e Unicef Galicia renovan o seu convenio de colaboración. Tras a crise do coronavirus, empeorou aínda máis a situación sanitaria de países como Senegal. Por iso, a institución provincial destinará 15.000 euros en frear a transmisión do Covid entre os nenos e nenas deste país africano.
O acordo asinado esta mañá está dirixido á compra de material de protección. Ademais, esta organización mercará tamén tanques de auga co obxectivo de que toda a cidadanía dispoña de auga limpa para a súa hixiene persoal.
Este convenio entre a Deputación e Unicef Galicia está enmarcado dentro da Axenda 2030.