Volven as Visitas Cruzadas ao Sexto Edificio no mes de abril

Pontevedra> Tralo éxito do pasado ano o Museo de Pontevedra presentou esta mañá unha nova edición das Visitas Cruzadas. Unha cita que se desenvolverá os domingos 8, 15, 22 e 29 de abril e que terá como fin abrir a arte deste espazo a través dos ollos de 8 persoeiros vencellados coa cultura galega.

Visitar o Museo de Pontevedra a través da mirada dun persoeiro do mundo da cultura. Ese é o obxectivo que perseguen unha vez máis as visitas cruzadas, que neste 2018 se celebrarán no Sexto Edifico os domingos 8,15,22 e 29 de abril. 8 persoas, dous por día, relacionadas co mundo da cultura serán os encargados de realizar estas visitas.

A filosofía a mesma, grupos de 25 persoas, 50 en total ao ser dous grupos, e unha visita rápida de media hora con cada un dos protagonistas. Esta mañá asistiron dous deles a rolda de prensa Fran Castro e Nieves Rodríguez.

Para Nieves dixo que é toda unha resposabilidade ser a guía dun espazo con tanta arte como o Museo de Pontevedra.

Estas visistas cruzadas serán de balde, Ses e Suso Souto serán os encargados de inauguralas o día 8 de abril, seguidos de Iria Piñeiro e David Cortizo o 15 de abril, Nieves Rodríguez e Fran Castro o 22 de abril e por último Margarita Ledo e Xacio Baño o 29 de abril. Os interesados en incribirse poderán facelo a partir do luns anterior á visita no correo gabinetedicactico.museo@depo.es.