CAMBADOS> Uns 8 “Foodtrucks” coa mellor gastronomía galega encherán o paseo da calzada durante a Festa do Albariño para facer as delicias de todos os asistentes. Unha iniciativa que ven a substituír a carpa de comida que se poñía no mesmo sitio. Ostras, polbo, bocadillos de porco celta, ou hamburguesas “made in Galicia” son só algúns dos suculentos bocados que poderán saborear durante a Festa do Albariño de este ano. Isto é así porque este ano en lugar da tradicional carpa de comida que se situaba na rúa paralela ao Paseo da Calzada, este ano haberá oito “foodtrucks”, ou o que é o mesmo, oito camións de comida que farán as delicias dos asistentes ao Albariño, tal e como afirmaban esta mañá dende o consistorio cambadés. Tal e como explicaba esta mañá o edil de Promoción Económica da vila, esta medida débese en parte a un informe de seguridade redactado polos membros da Policía Local. Unha medida que se organizou en consenso con Cambados Zona Centro, os cales ven positiva esta nova medida. En total hai oito prazas dispoñibles para este tipo de vehículos, dos cales cinco xa están cubertos e quedan libres polo de agora tres prazas. Os que queiran optar a unha de elas deberá acudir o concello e informarse, pero iso si, sen esquecerse que non hai cousa mellor para acompañar un bo albariño que a gastronomía galega.
Inicio Salnés - Caldas







